Os xogos electrónicos xa non só son un entretemento, os "serious games" e as novas tecnoloxías como a Realidade Virtual están a demostrar que poden ser un instrumento ideal para axudar aos pacientes e formar aos profesionais.
As televisións intelixentes ou Smart TV ofrecen opcións de usabilidade "capaces de adaptarse ás distintas capacidades e circunstancias persoais de cada persoa", segundo Juan Carlos Ramiro, director de Accesibilidade de CENTAC (Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade).
O cambadés Nicolás Bregua Carro está a dar a últimas puntadas ao seu grao de Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación cun proxecto de final de carreira que redundará en dotar de máis autonomía ás persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), axudándolles nos seus labores cotiáns no fogar. Trátase dun sistema domótico con sensores que detectan cando o usuario entra nunha estancia e, en función da hora do día e doutros parámetros, indícalle nunhas pantallas e mediante pictogramas (debuxos explicativos) a acción que corresponde, desde lavarse os dentes até abrigarse se vai saír á rúa e fai frío.