Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
O CaptionBot describe con linguaxe natural o que ve nas fotografías que lle indi
18/04/16 (09:28)
A intelixencia artificial aplicada ao recoñecemento de imaxes permite que Microsoft desenvolvese unha páxina web de certa sona que facilítanos calcular a idade que ten unha persoa, e agora van un paso máis adiante e aplica os Microsoft Cognitive Services para construír unha páxina web dende a que facer uso do CaptionBot, un servizo que podemos alimentar con calquera imaxe para que escriba un pé axeitado para a mesma, o que resulta especialmente atractivo de cara a mellorar a accesibilidade de cara a persoas con eivas visuais, na liña do que Facebook está a aplicar ás súas imaxes dende a app para iPhone.
Forum TurisTIC.
18/04/16 (09:04)
A tecnoloxía móbil, a robótica, a intelixencia artificial e a aprendizaxe das máquinas e o Big Data experimentarán un crecemento importante nos próximos dous anos e achegarán solucións moi válidas para que o turismo sexa máis accesible para persoas con discapacidade ou limitacións funcionais ou sensoriais, segundo quedou hoxe de manifesto na segunda xornada do Forum TurisTIC, organitzado polo centro tecnolóxico Eurecat.
Presentación da plataforma ‘Svisual’
18/04/16 (08:54)
A comisaría de Policía situada no madrileño barrio de Usera instalou diversas tecnoloxías nas súas dependencias que a fan totalmente accesible para as persoas xordas ou con discapacidade auditiva. Trátase de bucles magnéticos, a tecnoloxía que facilita a comunicación a persoas usuarias de próteses ou implantes, e o sistema "Svisual", que permite a comunicación de persoas xordas signantes.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal