Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Nenos programando en Scratch
19/04/16 (08:15)
O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) e a FIC van organizar os días vindeiros un obradoiro avanzado para formadores en técnicas e recursos para “construírmos” a Sociedade da Información. Máis polo miúdo, trátase dun curso para formadores na ferramenta Scratch, un recurso informático moi acaído para a introdución das novas xeracións nos conceptos básicos de como construír e desenvolver programas.
CiberBús de "CyL Digital"
19/04/16 (07:57)
A Federación Rexional de Asociacións de Alumnos e Antigos Alumnos da Universidade da Experiencia de Castela e León (FASUNEX), a Fundación Vodafone España e a Xunta de Castela e León, a través da Consellería de Fomento e Medio Ambiente, colaborarán un ano máis en formar ás persoas maiores de Castela e León no uso dos novos dispositivos móbiles, coa cuarta edición do Proxecto Sénior Clic.
Little Social Projects
18/04/16 (09:35)
A comunidade Ghandalf, centrada no pulo ao software libre (e tamén na divulgación e na formación en tecnoloxías sen cancelas), vén de informarnos dunha interesante iniciativa galega que, botando man da fórmula do open source colaborativo, encamíñase a materializar proxectos solidarios, sociais, sen arela de lucro, destinados a “mellorar o mundo”. Falamos de Little Social Projects, cuxa web aparece xa inzada de detalles sobre o seu alcance e sobre os exemplos prácticos sobre a súa aplicación.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal