O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) e Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) celebran hoxe, venres 22 de abril, un curso sobre a ferramenta Scratch na Facultade de Informática da Coruña (FIC).
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou hoxe que a aprobación, por parte do Consello, do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, dotado con 7 millóns de euros, que impulsará medias en tres eixos: no ámbito da alfabetización dixital, da capacitación dixital e da innovación social e participativa.
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, recibiu hoxe a Rosa Neira, xefa de de Gabinete da Dirección Sociocultural do Goberno de Chile. A responsable de goberno chileno achegouse a Galicia para coñecer en detalle a estratexia de inclusión dixital da Administración Autonómica galega e o proceso de implantación da rede CeMIT.