O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou hoxe na clausura do XXVIII Congreso Internacional da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, celebrado esta fin de semana na Deputación Provincial de Lugo. No acto estivo acompañado pola directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro.
Este encontro científico e profesional serviu para compartir coñecementos, explorar sinerxías con respecto ás melloras da calidade de vida das persoas maiores e para avanzar na posibilidade do establecemento dun marco de traballo máis coordinado e eficiente entre administracións públicas e institucións privadas.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizan o vindeiro venres 29 de abril a primeira xornada de 2016 do programa “1 mes, 1 profesión Dixital” que da continuidade á campaña iniciada no 2015. O encontro, inserido na campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital, desenvolverase no Centro de Coñecemento “La Molinera”, situado na Rúa do Bebedeiro 1 en Ourense.
Tanto nenos como nenas están convencidos, nun 88%, de que van necesitar saber sobre programación para atopar un traballo. O 90%, con maioría de nenas, pensa que é importante aprender ciencias da computación. O 70%, de ambos, cre ter a intelixencia e a capacidade de esforzarse para estudalas. Até aí a mesma percepción e, de súpeto, as estatísticas femininas esborrállanse