Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Nenos e nenas con ordenadores e dispositivos electrónicos. Santi Burgos

A fenda na ciencia entre homes e mulleres empeza na escola

  • Os estereotipos e a familia inflúen nas nenas na elección de estudos, segundo o informe Educación en Ciencias da Computación en España 2015
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 22/04/16 (09:21)

Tanto nenos como nenas están convencidos, nun 88%, de que van necesitar saber sobre programación para atopar un traballo. O 90%, con maioría de nenas, pensa que é importante aprender ciencias da computación. O 70%, de ambos, cre ter a intelixencia e a capacidade de esforzarse para estudalas. Até aí a mesma percepción e, de súpeto, as estatísticas femininas esborrállanse. As mozas, de entre 6 e 16 anos, non se expoñen estudar algo relacionado coas ciencias da computación, non queren, nin sequera están interesadas. Cando se lles preguntou directamente a ambos os xéneros quen tiña máis interese sobre esta materia, o consenso foi abafador: son eles os que mostran interese. Só un 1% pensou que sería a súa compañeira a interesada na ciencia. Esa é a radiografía que se desprende do estudo Educación en Ciencias da Computación España de 2015, elaborado por Google, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e everis, presentado este mércores en Madrid.

Seguir lendo na fonte orixinal.

Tema: Xeral
Fonte: El País
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal