
Tanto nenos como nenas están convencidos, nun 88%, de que van necesitar saber sobre programación para atopar un traballo. O 90%, con maioría de nenas, pensa que é importante aprender ciencias da computación. O 70%, de ambos, cre ter a intelixencia e a capacidade de esforzarse para estudalas. Até aí a mesma percepción e, de súpeto, as estatísticas femininas esborrállanse. As mozas, de entre 6 e 16 anos, non se expoñen estudar algo relacionado coas ciencias da computación, non queren, nin sequera están interesadas. Cando se lles preguntou directamente a ambos os xéneros quen tiña máis interese sobre esta materia, o consenso foi abafador: son eles os que mostran interese. Só un 1% pensou que sería a súa compañeira a interesada na ciencia. Esa é a radiografía que se desprende do estudo Educación en Ciencias da Computación España de 2015, elaborado por Google, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e everis, presentado este mércores en Madrid.
Seguir lendo na fonte orixinal [3].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/nenosDixitais2.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2016/04/20/actualidad/1461169089_816810.html