Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
O CaptionBot describe con linguaxe natural o que ve nas fotografías que lle indi

Microsoft estrea unha páxina web que xera pés de foto automaticamente

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 18/04/16 (09:28)

A intelixencia artificial aplicada ao recoñecemento de imaxes permite que Microsoft desenvolvese unha páxina web de certa sona que facilítanos calcular a idade que ten unha persoa, e agora van un paso máis adiante e aplica os Microsoft Cognitive Services para construír unha páxina web dende a que facer uso do CaptionBot, un servizo que podemos alimentar con calquera imaxe para que escriba un pé axeitado para a mesma, o que resulta especialmente atractivo de cara a mellorar a accesibilidade de persoas con eivas visuais, na liña do que Facebook está a aplicar ás súas imaxes dende a app para iPhone.

Aínda que esta páxina web non supón en si mesmo ningunha innovación rechamante, fai visible o estado actual dunha tecnoloxía que cada vez teremos máis presente nas nosas vidas, xa que a visión artificial está a mellorar a pasos axigantados, e os sistemas tamén están a interactuar cada vez mellor cos usuarios grazas ao uso de linguaxe natural.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal