Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Usuarios do programa "Maiores Mobilizados"

A Fundación Vodafone España e Jovesolides renovan a súa colaboración cunha innovadora proposta para a inclusión dixital das persoas maiores

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 12/04/16 (08:07)

A Asociación Jovesolides e a Fundación Vodafone España colaborarán, un ano máis, na impartición de talleres sobre o uso dos smartphones e tablets dirixidos a persoas maiores, coa quinta edición do programa 'Maiores Mobilizados'.

O programa 'Maiores Mobilizados', afiánzase como un dos programas referentes en formación de novas tecnoloxías adaptadas ás persoas maiores na Comunidade Valenciana e a Rexión de Murcia. A súa metodoloxía, proximidade e contidos chegaron a todo tipo de institucións, centros, programas e servizos de atención ao maior, facilitándolles a adquisición de competencias dixitais.

Nesta quinta edición amplíanse contidos, increméntanse o número de grupos, dinamízanse os plans formativos e préstase especial atención ás aplicacións móbiles de mobilidade, accesibilidade, saúde, sociabilidade e inclusión dixital a través de vídeo-pílulas formativas adaptadas á linguaxe dos maiores realizadas pola Fundación Vodafone

Estas actividades formativas desenvolveranse na Comunidade Valenciana e na Rexión de Murcia e prevese que máis de 4000 persoas se benefícien das case 200 actividades que serán impartidas en coordinación con concellos, Centros de Actividades para Persoas Maiores, a rede de Centros de Atención a Persoas Maiores da Generalitat Valenciana e as respectivas universidades públicas da Comunidade Valenciana e Murcia. A inscrición nos cursos é gratuíta e aberta a toda a poboación maior de 50 anos. Farase a correspondente difusión nos diferentes centros participantes.

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Vodafone España
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal