Hai nenos menores de dous anos que aínda non falan, pero que saben desbloquear un smartphone, entrar en YouTube e clicar nos debuxos animados de Peppa Pig. Mentres, hai adultos que seguen sen crerse as posibilidades que ofrece a Rede. É o que se coñece como fenda dixital. Pero 2015 converteuse no ano no que se reduciu esta diferenza no uso das novas tecnoloxías.
En xullo estará dispoñible a app de Turismo Accesible de Santiago de Compostela, elaborada no marco do proxecto Appside. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Fundación Orange e GVAM, ao que se sumou o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade co obxectivo de que todas conten cunha aplicación móbil accesiblr para os seus visitantes, en particular para os que teñen algunha discapacidade visual ou auditiva.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) colaborarán na celebración da VI Xornada de Informática Xudicial e Delitos informáticos, segundo se recolle no acordo asinado recentemente pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o presidente do CPETIG, Marcos Mata. O convenio contempla, ademais, accións formativas sobre Seguridade Informática e seminarios de Scratch.