Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Presentación dos cursos de InLugo
01/04/16 (08:36)
A Deputación de Lugo ten entre mans un novo feixe de actividades formativas baseadas no dixital e nas súas vantaxes para o noso desenvolvemento. As accións foron dadas a coñecer esta semana polo patrón da Fundación TIC, Álvaro Santos, quen presentou a programación do 2º trimestre de 2016 no Centro de Innovación Social, InLugo, que xestiona a dita Fundación a través dunha encomenda da Deputación.
Logos
31/03/16 (12:24)
Tras dous anos de intenso traballo, a Fundación Ageing Lab desenvolveu EDP: Envellecemento Digno e Positivo, un modelo de actuación especializado en envellecemento e de aplicación a servizos relacionados cos coidados que pretende servir de guía ás organizacións e profesionais que prestan servizos a persoas maiores, polo que abarca tanto teoría como exemplos de boas prácticas, así como ferramentas de seguimento e avaliación avanzadas e de nova xeración.
Usuarios de Metrotenerife
31/03/16 (09:17)
Metrotenerife substituirá o actual sistema de validación con cartón magnético por outro de cartón con chip e que funciona por proximidade. Para iso precísase a substitución dos actuais equipos, tanto as validadoras embarcadas nos tranvías como as expendedoras de billetes das paradas. O prototipo da primeira máquina expendedora sen contacto instalouse recentemente na parada de Las Mantecas do tranvía tinerfeño.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal