O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade reclamou á Asociación Nacional de Editores de Libros e Material de Ensino que garanta a accesibilidade universal en todos os contidos dos seus materiais lectivos.
Fundación ONCE e a sociedade Mapp4all Universal Accesibility asinaron un convenio de colaboración para impulsar o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) como ferramentas de apoio á inclusión das persoas con discapacidade e de mellora da accesibilidade universal.
Cinco estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación veñen de converterse nos gañadores do concurso internacional XMINT Project. A súa achega foi unha aplicación para móbiles dirixida a fomentar a implicación da cidadanía con UNICEF a través dunha “estratexia de gamificación”.