Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Usuarios de Metrotenerife

O Tranvía de Tenerife valida cos colectivos da discapacidade as súas futuras máquinas expendedoras de billetes sen contacto

  • Metrotenerife desenvolve o proxecto ‘Billetaxe sen Contacto’ con asesoramento da Sociedade Insular para a Promoción das Persoas con Discapacidade e a colaboración de colectivos afíns.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 31/03/16 (09:17)

Metrotenerife substituirá o actual sistema de validación con cartón magnético por outro de cartón con chip e que funciona por proximidade. Para iso precísase a substitución dos actuais equipos, tanto as validadoras embarcadas nos tranvías como as expendedoras de billetes das paradas. O prototipo da primeira máquina expendedora sen contacto instalouse recentemente na parada de Las Mantecas do tranvía tinerfeño.

Como é habitual, Metrotenerife sempre solicita a colaboración de entidades da discapacidade para validar este tipo de equipos e, neste caso, Sinpromi, a ONCE, Queremos Movernos e CoordiCanarias están a participar nos pertinentes test de usabilidade e accesibilidade desta primeira expendedora de billetes de transporte.

Representantes de Metrotenerife e dos colecitvos de discapacidade no prototipo da máquina expendedora de billetaxe sen contacto.

Entre outras melloras para a accesibilidade, o proxecto de "Billetaxe sen Contacto" incorpora as seguintes:

  • As expendedoras terán mensaxes sonoras e sinalización en braille, polo que poderán ser utilizadas polo colectivo de cegos e persoas con discapacidade visual.
  • O saldo dos billetes de transporte poderá recargarse e consultarse vía internet, e non só nas paradas. Desta maneira aumentará a comodidade no uso para todos os clientes, e non só para as persoas con discapacidade. Por exemplo, os pais poderán recargar o billete dos seus fillos.
  • A altura dos diversos elementos destas máquinas cumprirá cos requisitos normativos vixentes, salvando incluso as dificultades propias do desnivel das paradas xerado pola notable pendente da nosa illa.
  • A validación por proximidade facilitará o uso ás persoas en cadeira de rodas, así como a todas as que presenten calquera tipo de limitación na mobilidade das súas mans. Será máis rápida e non precisa sacar o bono da carteira, senón achegala até a validadora embarcada nos tranvías.
Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal