Aena comunicou que habilitou unha nova canle para que os usuarios poidan solicitar o Servizo de Atención a Persoas con Mobilidade Reducida a través da súa aplicación para dispositivos móbiles. Esta nova alternativa, indica, permite realizar a xestión de forma áxil e sinxela.
Na industria preocupa a escasa representación da muller e algunas compañías, como Cisco ou Microsoft, tratan de estimular ás mozas para que opten por este tipo de carreiras.
Este sábado 2 de abril celébrase o Día Internacional de Concienciación sobre o Autismo e a firma galega Promedia, emprazada no Milladoiro (Ames), quere aproveitalo para sensibilizar á sociedade sobre este tipo de trastornos (autismo, Asperger ou trastornos de comunicación na linguaxe oral), para loitar contra a discriminación social da que soen ser obxecto estes colectivos e, tamén, para reivindicar o importante potencial das novas tecnoloxías para romper barreiras e favorecer a plena inserción.