Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Accesibilidade ao transporte público

Aena atendeu a 1.216.000 pasaxeiros con movilidade reducida no 2015

  • Lanza unha nova aplicación de móbil para solicitar o Servizo de Atención a Persoas con Mobilidade Reducida.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 04/04/16 (09:29)

A rede de aeroportos de Aena atendeu durante o ano 2015 nas súas instalacións a máis de 1.216.000 pasaxeiros con mobilidade reducida (PMR), o que representa un 8,6% máis que no 2014 e convértese no maior valor anual desde a posta en marcha deste servizo no 2008.

O xestor aeroportuario informou este venres de que, por aeroportos, no Adolfo Suárez Madrid-Barallas atendeuse en 2015 a máis de 306.000 persoas, seguido de Barcelona-O Prat, con máis de 138.000, e Palma de Mallorca, con preto de 136.000.

Este Servizo de Asistencia a Persoas con Mobilidade Reducida (PMR), tamén denominado 'Sen Barreiras', ofrécese de forma gratuíta en todos os aeroportos de Aena e garante que todas as persoas poidan gozar do transporte aéreo con independencia da súa discapacidade ou problema de mobilidade.

 

Nova canle de petición

Aena comunicou que habilitou unha nova canle para que os usuarios poidan solicitar o Servizo de Atención a Persoas con Mobilidade Reducida a través da súa aplicación para dispositivos móbiles. Esta nova alternativa, indica, permite realizar a xestión de forma áxil e sinxela.

Para poder realizar a solicitude deste servizo dirixido a persoas con discapacidade e mobilidade reducida, o usuario ten que seguir uns pasos a través da 'app' de Aena. Deberá proporcionar, entre outros datos, a súa identificación persoal, número de voo, orixe e destino, limitacións do pasaxeiro, se vai acompañado por outra persoa ou cun can guía, etc.

Aena recomenda informar desta petición polo menos con 48 horas de antelación ao voo, "para garantir que a asistencia estea preparada e todo funcione correctamente".

Para o desenvolvemento desta nova forma de solicitude e co obxectivo de ofrecer un servizo de calidade a través de novas tecnoloxías, Aena colabora de forma permanente co Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi).

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal