O V Congreso Internacional de Deseño, Redes de Investigación e Tecnoloxía para todos acaba de abrir o seu prazo de inscrición para as persoas que queiran asistir a este. Será do 23 ao 25 de setembro de 2013 no Complexo Deportivo e Cultural da ONCE, Paseo da Habana, 208 de Madrid. Trátase dun evento organizado por Fundación ONCE para a cooperación e inclusión social de persoas con discapacidade.
Na pasada xornada do curso "Redes sociais e comunicación 2.0" a voluntaria dixital e xornalista Laura Camino puxo en práctica con éxito o que ten bautizado como Reportuiteo, unha forma de retransmisión de eventos, ponencias, charlas, cursos... a través de Twitter que aúna a inmediatez da rede social e o seu alto nivel de difusión co criterio e a seriedad xornalística aportada pola súa titulación e experiencia.
Tralo éxito acadado polo primeiro módulo "Redes sociais e comunicación 2.0" onde os asistentes tiveron a oportunidade coñecer de primeira man e nun ambiente distendido as experiencias de varias empresas na implantación da súa estratéxia dixital, nesta segunda parte, que se desenvolverá os días 13 e 14 de xuño, abordarase o tema da "Identidade Dixital".