O vindeiro 6 de xuño o CITIC será escenario dunha xuntanza de traballo entre representantes do INIBIC, (Instituto de Investigación Biomédica da Coruña), o CHUAC (Complexo Hospitalario Universitario A Coruña) e o CITIC na que CITIC presentará algúns dos seus proxectos en materia sanitaria, prestando especial atención a aspectos como a discapacidade e a atención a persoas dependentes.
Dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado informan de que, no marco do programa Lidera a túa idea, se van realizar 20 foros para dar a coñecer, proporcionar asesoramento e promover accións de voluntariado xuvenil.
A Consellería de Traballo e Benestar organiza hoxe na delegación territorial da Xunta en Vigo un showroom sobre avances TIC en materia de servizos sociais. En concreto, consistirá nunha xornada informativa/demostrativa sobre os sistemas de teleasistencia avanzada e teleprevención que está a promover.