Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

CITIC presentará mañá algúns dos seus proxectos en materia sanitaria nunha reunión de traballo co INIBIC e o CHUAC.

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 05/06/13 (11:51)

O vindeiro 6 de xuño o CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) será escenario dunha xuntanza de traballo entre representantes do INIBIC (Instituto de Investigación Biomédica da Coruña), o CHUAC (Complexo Hospitalario Universitario A Coruña) e o CITIC.


No transcurso desta xornada o CITIC presentará algúns dos proxectos e capacidades nos que se está a traballar dende o Centro en materia sanitaria; na actualidade estanse a desenvolver máis de 25 solucións nas que, mediante a aplicación da tecnoloxía, se busca mellorar a saúde de pacientes, así como a optimización dos recursos sanitarios como urxencias, monitorización ou diagnósticos de anomalías cardíacas, apneas ou enfermidades crónicas, favorecendo o aforro de tempos e esforzos, reducindo de xeito considerable os prazos médicos. Ademais, estase a prestar especial atención a aspectos como a discapacidade e a atención a persoas dependentes, campos sensibles en Galicia.


Segundo os responsables do CITIC, "dende o Centro prestamos especial interese ás solucións que poidan levar consigo melloras para o sistema sanitario galego e, por extensión, que repercutan de xeito positivo en pacientes e usuarios. Así, moitas das investigacións que se levan a cabo no CITIC teñen como finalidade a aplicación "sanitaria"; por exemplo, unha ferramenta de geolocalización correctamente estudada e aplicada pode derivar nunha solución que optimice os servizos de emerxencia recomendando hospitais cunha relación de proximidades e ocupación máis axeitada, ademais de analizar os lugares onde se requiren os servizos móbiles de urxencias para situar de forma eficiente as unidades" 

Tema: Xeral
Fonte: CITIC
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal