A Fundación Vodafone pon en marcha Mobile for Good Europe Awards 2013, os Premios de Accesibilidade intelixentes centrados na promoción do desenvolvemento de aplicacións para teléfonos intelixentes co fin de axudar ás persoas maiores e/ou con discapacidade a superar as barreiras de accesibilidade.
Científicos da Universidade de Granada desenvolveron un novo sistema 'web' que permite realizar unha valoración médica da dor de costas a través de Skype, un software gratuíto para facer videollamadas. O seu traballo podería supoñer un importante paso no ámbito da teleasistencia, ademais dun enorme aforro económico tanto para o sistema sanitario coma para o paciente.
O Programa de Voluntariado Dixital da Xunta, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Dirección Xeral de Voluntariado, celebra o curso "Redes sociais e comunicación 2.0", que se desenvolverá entre o 6 e o 28 de xuño.