Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Imaxe Redes Sociais

Máis de 300 persoas participarán no curso do programa de Voluntariado Dixital da Xunta “Redes sociais e comunicación 2.0”

 



  • Celebrarase entre o 6 e o 28 de xuño e abordará a comunicación na rede, a identidade dixital, o labor do community manager e o crowdfunding.

  • O prazo de matrícula continúa aberto a través da ligazón http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=cure.

  • Poderase cursar de xeito presencial no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia en Santiago e a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de Ames, Betanzos, Ortigueira, Fisterra, A Coruña, Celanova, A Cañiza e Vigo.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 04/06/13 (10:11)

O Programa de Voluntariado Dixital da Xunta, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Dirección Xeral de Voluntariado, celebra o curso "Redes sociais e comunicación 2.0", que se desenvolverá entre o 6 e o 28 de xuño.


O obxectivo do curso é ofrecer unha correcta capacitación aos voluntari@s e persoal técnico das entidades de acción voluntaria adheridas ao programa Voluntariado Dixital, aínda que está aberto a calquera persoa ou organización interesada nesta materia. Ata o momento, xa hai máis de 300 inscricións formalizadas.


O contido desta acción formativa estrutúrase en 4 módulos de 8 horas de duración cada un. Poden ser cursados de maneira independente, polo que as persoas interesadas en participar en máis dun deberán cumprimentar os correspondentes formularios de inscrición e recibirán un certificado de asistencia por cada módulo que realicen.


Os contidos que se abordarán ao longo do mes son as redes sociais e a comunicación 2.,0 a identidade dixital, o labor do community manager nunha organización e os sistemas de financiamento a través de crowdfunding.


Curso gratuíto
O curso é gratuíto e pódese participar en modalidade presencial no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) en Santiago de Compostela ou ben a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de Ames, Betanzos, Ortigueira, Fisterra, A Coruña, Celanova, A Cañiza e Vigo.


As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición, a través da seguinte ligazón da web de voluntariado galego: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=cur. Para obter máis información pódese consultar a web de Voluntariado Dixital http://voluntariadodixital.xunta.es/es.


Primeiro módulo “redes sociais e comunicación 2.0”
A primeira parte do curso ten como obxectivos mostrar aos asistentes como as novas tecnoloxías, os dispositivos móbiles e os servizos baseados na tecnoloxía web, revolucionaron o xeito en que accedemos á información e a maneira en que nos relacionamos co mundo que nos rodea. Ante o antigo modelo unidireccional, as ferramentas chamadas 2.0 - baseadas na interacción e a participación- transformaron a maneira en que a sociedade actual se comunica.


O xoves 6 de xuño, os participantes asistirán a un módulo xenérico onde o poñente Víctor Gómez, consultor e formador nos ámbitos de innovación e marketing dixital, amosará como o terceiro sector, terá como un dos seus principais obxectivos de comunicación nos próximos anos a captación de fondos, a colaboración entre as propias entidades sociais e o impulso da participación social e a mobilización cidadán, incidindo na transparencia como valor fundamental para a consecución des seus obxectivos.


O venres 7 de xuño, mostraranse exemplos de boas prácticas dos sectores turismo, hostalería, restauración e moda, que teñen implantado con éxito unha estratexia de comunicación dixital.

Tema: Xeral
Fonte: Voluntariado Dixital
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal