Dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado informan de que, no marco do programa Lidera a túa idea, se van realizar 20 foros para dar a coñecer, proporcionar asesoramento e promover accións de voluntariado xuvenil.
Celebraranse nas catro provincias galegas, respondendo ás necesidades territoriais e localizadas nas cabeceiras comarcais e principais núcleos poboacionais, ademáis dos Espazos Xove dependentes deste departamento autonómico e a data de realización destes foros será entre o día 7 e o 13 do mes de Xuño. Para consultar as datas dos foros pica aquí.
Nos foros recordarase ós posibles participantes que esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a entidades locais enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil, desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2013.
O presuposto neste ano 2013 é dun total de 375.808 €, divididos entre entidades locais e entidades de acción voluntaria ainda que da contía prevista para entidades locais resérvase un 15% para as solicitudes presentadas conxuntamente.
Estes foros son un xeito de achegar e habilitar ás entidades locais e entidades de acción voluntaria toda a información necesaria e as ferramentas para poder levar a cabo a solicitude e execución de proxectos de voluntariado xuvenil de calidade.
Xuventude segue a realizar un traballo de dinamización nos lugares onde se atopan os mozos e mozas e entidades usuarios dos servizos que presta e beneficiarios dos programas que leva a cabo como esta orde de Voluntariado Xuvenil.
Este departamento, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, continua coa laboura informativa e de asesoramento técnico como eixe principal que asegure os principios de igualdade e participación nun programa de tanto interés para a sociedade en xeral como é o Voluntariado Xuvenil.
Para calquera dúbida ou para ampliar esta información, pódese chamar ao teléfono: 981 957 916 ou contactar a través do enderezo electrónico: voluntariado@xunta.es
Rexístrate como: