
Dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado informan de que, no marco do programa Lidera a túa idea, se van realizar 20 foros para dar a coñecer, proporcionar asesoramento e promover accións de voluntariado xuvenil.
Celebraranse nas catro provincias galegas, respondendo ás necesidades territoriais e localizadas nas cabeceiras comarcais e principais núcleos poboacionais, ademáis dos Espazos Xove dependentes deste departamento autonómico e a data de realización destes foros será entre o día 7 e o 13 do mes de Xuño. Para consultar as datas dos foros pica aquí [3].
Nos foros recordarase ós posibles participantes que esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a entidades locais enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil, desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2013.
O presuposto neste ano 2013 é dun total de 375.808 €, divididos entre entidades locais e entidades de acción voluntaria ainda que da contía prevista para entidades locais resérvase un 15% para as solicitudes presentadas conxuntamente.
Estes foros son un xeito de achegar e habilitar ás entidades locais e entidades de acción voluntaria toda a información necesaria e as ferramentas para poder levar a cabo a solicitude e execución de proxectos de voluntariado xuvenil de calidade.
Xuventude segue a realizar un traballo de dinamización nos lugares onde se atopan os mozos e mozas e entidades usuarios dos servizos que presta e beneficiarios dos programas que leva a cabo como esta orde de Voluntariado Xuvenil.
Este departamento, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, continua coa laboura informativa e de asesoramento técnico como eixe principal que asegure os principios de igualdade e participación nun programa de tanto interés para a sociedade en xeral como é o Voluntariado Xuvenil.
Para calquera dúbida ou para ampliar esta información, pódese chamar ao teléfono: 981 957 916 ou contactar a través do enderezo electrónico: voluntariado@xunta.es [4]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/logo cor transparente.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.voluntariadogalego.org/upload/asc/not/0-2034-d-carta%20foros%20voluntariado%20xuvenil2.pdf
[4] mailto:voluntariado@xunta.es