Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Imaxe Redes Sociais

Continúa aberto o prazo de inscrición ao Módulo II do curso "Redes sociais e comunicación 2.0" que tratará o tema da "Identidade Dixital"

 



  • Analizarase o impacto da web 2.0 na procura de emprego así como a maneira de construír unha boa “identidade dixital”

  • O prazo de inscrición no segundo módulo "Identidade dixital" remata o día 12 de xuño.

  • A xornada poderá seguirse a través do Twitter co hashtag #socialmaisTIC.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 10/06/13 (10:42)

As persoas interesadas en participar no segundo módulo do curso "Redes sociais e comunicación 2.0" promovido polo programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia deberán formalizar a súa inscrición antes do día 12 de xuño a través da seguinte ligazón de voluntariado galego http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=cur&idc=230&pag=0


Tralo éxito acadado polo primeiro módulo "Redes sociais e comunicación 2.0" onde os asistentes tiveron a oportunidade coñecer de primeira man e nun ambiente distendido as experiencias de varias empresas na implantación da súa estratéxia dixital, nesta segunda parte, que se desenvolverá os días 13 e 14 de xuño, abordarase o tema da "Identidade Dixital".


Dado que as capacidades da Web 2.0 encaixan perfectamente co proceso da demanda e oferta de emprego, non soamente a través das páxinas de busca deste senón a través das redes sociais, esta acción formativa prantéxase como obxectivos mostrar a importancia das redes sociais no mercado de traballo e o impacto da web 2.0 na procura de emprego así como a maneira de construír unha boa “IDENTIDADE DIXITAL” para obter un bo posicionamento profesional en internet.


O curso é gratuíto e pódese participar en modalidade presencial no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) en Santiago de Compostela ou ben a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de Ames, Betanzos, Ortigueira, Fisterra, A Coruña, Celanova, A Cañiza e Vigo. Asemade, a xornada poderá seguirse a través do Twitter co hashtag #socialmaisTIC.


As redes sociais e o emprego


Un recente estudio publicado por Young People's Consumer Confidence (YPCC) ven de demostrar a importancia das redes sociais na búsqueda de emprego xa que un de cada dez mozos foi rexeitado para un traballo debido ao seu perfil nas redes sociais. Cada vez é máis frecuente que as empresas investiguen as redes sociais dos candidatos a un determinado posto de traballo. Moitas veces esto pode ir en contra dos posibles candidatos xa que analizando fundamentalmente as fotos, as empresas chegan a descartalos para un posto.

Tema: Xeral
Fonte: Voluntariado Dixital
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal