
As persoas interesadas en participar no segundo módulo do curso "Redes sociais e comunicación 2.0" promovido polo programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia deberán formalizar a súa inscrición antes do día 12 de xuño a través da seguinte ligazón de voluntariado galego http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=cur&idc=230&pag=0 [5]
Tralo éxito acadado polo primeiro módulo "Redes sociais e comunicación 2.0" onde os asistentes tiveron a oportunidade coñecer de primeira man e nun ambiente distendido as experiencias de varias empresas na implantación da súa estratéxia dixital, nesta segunda parte, que se desenvolverá os días 13 e 14 de xuño, abordarase o tema da "Identidade Dixital [6]".
Dado que as capacidades da Web 2.0 encaixan perfectamente co proceso da demanda e oferta de emprego, non soamente a través das páxinas de busca deste senón a través das redes sociais, esta acción formativa prantéxase como obxectivos mostrar a importancia das redes sociais no mercado de traballo e o impacto da web 2.0 na procura de emprego así como a maneira de construír unha boa “IDENTIDADE DIXITAL” para obter un bo posicionamento profesional en internet.
O curso é gratuíto e pódese participar en modalidade presencial no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) en Santiago de Compostela ou ben a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de Ames, Betanzos, Ortigueira, Fisterra, A Coruña, Celanova, A Cañiza e Vigo. Asemade, a xornada poderá seguirse a través do Twitter [2] co hashtag #socialmaisTIC [3].
As redes sociais e o emprego
Un recente estudio publicado por Young People's Consumer Confidence [7](YPCC) ven de demostrar a importancia das redes sociais na búsqueda de emprego xa que un de cada dez mozos foi rexeitado para un traballo debido ao seu perfil nas redes sociais. Cada vez é máis frecuente que as empresas investiguen as redes sociais dos candidatos a un determinado posto de traballo. Moitas veces esto pode ir en contra dos posibles candidatos xa que analizando fundamentalmente as fotos, as empresas chegan a descartalos para un posto.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/Redes-Sociales1-300x200_1.jpg
[2] https://twitter.com/search/?q=%23socialmaisTIC
[3] http://voluntariadodixital.xunta.es/actividades/
[4] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[5] http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=cur&idc=230&pag=0
[6] http://cdtic.xunta.es/sites/default/files/pdf/es/Parte%20II_Identidade%20dixital.pdf
[7] http://es.slideshare.net/OnDevice/young-peoples-consumer-confidence-index-22121437