Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Twitter

O Twitter foi o espazo para a análise 2.0 da xornada "Redes Sociais e comunicación 2.0"

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 10/06/13 (12:02)

Na pasada xornada do curso "Redes sociais e comunicación 2.0" a voluntaria dixital e xornalista Laura Camino puxo en práctica con éxito o que ten bautizado como Reportuiteo, unha forma de retransmisión de eventos, ponencias, charlas, cursos... a través de Twitter que aúna a inmediatez da rede social e o seu alto nivel de difusión co criterio e a seriedad xornalística aportada pola súa titulación e experiencia.


Laura Camino, titulada en Xornalismo con dez anos de experiencia en redacción no Grupo Correo Gallego e acreditación oficial en título de Community Manager de nivel Profesional, amosou  unha gran destreza no manexo de redes sociais e web 2.0 coa súa ampla cobertura dos contidos e charlas do evento a través do Twitter no hashtag #socialmaisTIC.


A conclusión do seu paso pola primeira das catro partes do curso Redes Sociais e Comunicación 2.0 do Programa Voluntariado Dixital de la Xunta de Galicia é que a clave do éxito na comunicación 2.0 non é unha senon moitas. Ao lado dunha boa estratexia dixital, sexa planificada a priori ou xurdida da experiencia, a práctica demóstranos que os valores como a honestidade, a transparencia e a implicación coa audiencia se convirten nun potente aliado capaz de posicionar o noso pequeno negocio ou a nosa firma persoal ao lado das grandes marcas.


Pódese ver a visión e análise do desenvolvemento do curso desta reportuitera, así como un resumo do evento no seu blog: http://lauracamino.wordpress.com/2013/06/08/exito-redes-sociales-comunicacion-socialmaistic/

Tema: Xeral
Fonte: Voluntariado Dixital
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal