
Na pasada xornada do curso "Redes sociais e comunicación 2.0" a voluntaria dixital e xornalista Laura Camino puxo en práctica con éxito o que ten bautizado como Reportuiteo, unha forma de retransmisión de eventos, ponencias, charlas, cursos... a través de Twitter que aúna a inmediatez da rede social e o seu alto nivel de difusión co criterio e a seriedad xornalística aportada pola súa titulación e experiencia.
Laura Camino, titulada en Xornalismo con dez anos de experiencia en redacción no Grupo Correo Gallego e acreditación oficial en título de Community Manager de nivel Profesional, amosou unha gran destreza no manexo de redes sociais e web 2.0 coa súa ampla cobertura dos contidos e charlas do evento a través do Twitter no hashtag #socialmaisTIC [3].
A conclusión do seu paso pola primeira das catro partes do curso Redes Sociais e Comunicación 2.0 do Programa Voluntariado Dixital de la Xunta de Galicia é que a clave do éxito na comunicación 2.0 non é unha senon moitas. Ao lado dunha boa estratexia dixital, sexa planificada a priori ou xurdida da experiencia, a práctica demóstranos que os valores como a honestidade, a transparencia e a implicación coa audiencia se convirten nun potente aliado capaz de posicionar o noso pequeno negocio ou a nosa firma persoal ao lado das grandes marcas.
Pódese ver a visión e análise do desenvolvemento do curso desta reportuitera, así como un resumo do evento no seu blog: http://lauracamino.wordpress.com/2013/06/08/exito-redes-sociales-comunicacion-socialmaistic/ [4]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/Logo_Twitter_0.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://voluntariadodixital.xunta.es/actividades/
[4] http://lauracamino.wordpress.com/2013/06/08/exito-redes-sociales-comunicacion-socialmaistic/