O V Congreso Internacional de Deseño, Redes de Investigación e Tecnoloxía para todos acaba de abrir o seu prazo de inscrición para as persoas que queiran asistir a este. Será do 23 ao 25 de setembro de 2013 no Complexo Deportivo e Cultural da ONCE, Paseo da Habana, 208 de Madrid.
Trátase dun evento organizado por Fundación ONCE para a cooperación e inclusión social de persoas con discapacidade.
Sobre DRT4ALL
O desenvolvemento xeral da sociedade da información fai ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación cada vez máis presentes na maioría de aspectos da vida diaria dos cidadáns. Estas tecnoloxías abranguen un espectro tan amplo de campos tecnolóxicos e científicos que as aplicacións inadecuadas están a causar máis dunha fenda dixital, entre outras razóns, pola súa dificultade de uso, a causa da carencia de criterios de deseño e pola incompatibilidade entre dispositivos.
As persoas con limitacións funcionais, causadas por discapacidade ou por idade avanzada, son unha parte da poboación cada vez máis numerosa. A ausencia de coñecementos sobre estas novas tecnoloxías e a dificultade no seu uso, son tamén máis e máis importantes para estas persoas.
Outro aspecto relevante é o progresivo envellecemento da poboación nos países máis avanzados tecnoloxicamente. Os avances médicos e científicos proporcionan maior esperanza de vida, pero aínda non se logrou que esta se vexa acompañada cunha maior esperanza de vida libre de discapacidades. As tecnoloxías poderían achegar o suplemento necesario para conseguir o maior grao de autonomía na idade avanzada, á que todos aspiramos.
Pode parecer evidente que estas tecnoloxías poden e deben axudar a todos, especialmente aos que teñen limitacións funcionais, tanto para levar a cabo as tarefas da vida diaria coma para integrarse na sociedade, de maneira que poidan usar as súas habilidades para contribuír ao desenvolvemento social.
Obxectivos do congreso
O Congreso Internacional DRT4ALL é un escaparate do futuro aberto ao presente: o seu obxectivo principal é coñecer cales son os últimos avances nas TIC para a promoción da vida independente das persoas con limitacións funcionais e unha mostra de como estes avances poden cooperar para proporcionar a todos unha vida máis cómoda e mellorar a integración social das persoas maiores ou con discapacidades.
DRT4ALL é, sobre todo, un congreso científico onde esperamos expoñer os diferentes aspectos destas tecnoloxías, coa experiencia dos usuarios como un aspecto clave, e onde as industrias interesadas e as administracións públicas e os seus representantes, que cumpren tamén un papel crucial no desenvolvemento destas tecnoloxías, serán parte integrante deste evento.
Destinatarios
DRT4All ten como principais destinatarios a representantes e alumnado de universidades, Centros de investigación, investigadores, empresas especializadas en novas tecnoloxías, empresas de servizos e atención a persoas con necesidades especiais, organizacións de usuarios, asociacións de persoas con discapacidade e persoas maiores, así como persoas interesadas na investigación sobre tecnoloxías e equipos adaptados á diversidade humana, ao acceso á información e á comunicación para todos, á domótica, a robótica,la teleasistencia ou calquera das temáticas de DRT4ALL 2013.
Inscrición
Están exentos do pagamento de inscrición (aínda que se teñen que enviar o boletín de participantes) os autores e coautores que enviasen os seus artigos, estudantes e persoas con discapacidade e os seus asistentes.
A inscrición inclúe a asistencia os tres días do congreso, documentación e libro de actas, certificado de asistencia, cocktail mediodía, café nas pausas e cocktail de clausura.
Rexístrate como: