Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Anciáns felices
15/09/14 (08:42)
Galicia vén de presentar a súa candidatura á convocatoria sobre envellecemento activo e vida saudable do European Institute of Technology (EIT), organismo que fomenta o potencial de innovación de Europa no seu conxunto promovendo Comunidades de Coñecemento e Innovación (KICs). As KICs están formadas por destacados expertos en eidos como educación, investigación, emprendemento e industria para responder, de forma conxunta, aos grandes retos aos que se enfronta a sociedade europea.
O presidente da Deputación de Lugo na presentación dos cursos e obradoiros
12/09/14 (11:51)
A Deputación de Lugo anunciou este xoves a posta en marcha dunha convocatoria de cursos e obradoiros de balde sobre novas tecnoloxías para persoas de idade. Así o fixo saber o presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, quen dixo que se trata dun total de 20 novas actividades formativas, incluíndo 13 cursos e sete obradoiros, e lanzados co obxectivo de ofrecer 232 horas de ensino e divulgación para arredor de 430 persoas.
Liftware Spoon
12/09/14 (08:22)
Liftware Spoon é unha culler con moita tecnoloxía no seu interior, e a misión de poñer as cousas máis fáciles a persoas con problemas no seu pulso, compensando en tempo real os tremores e vibracións que unha persoa con Parkinson pode sufrir á hora para comer.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal