Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Logo Semana Europea Mobilidade 2014
15/09/14 (10:50)
A Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) e COCEMFE Asturias participan nas actividades que o Concello de Xixón programou con motivo da celebración da Semana Europea da Mobilidade 2014, que terá lugar do 16 ao 22 de setembro na cidade asturiana.
LG Kizon
15/09/14 (10:03)
En IFA presentouse LG Kizon, un brazalete pensado para poder ter sempre localizados e comunicados aos nenos de entre 4 e 8 anos, e que a compañía traerá ao mercado antes de finais de 2014. LG Kizon funciona en combinación cunha aplicación dispoñible para todos os dispositivos Android.
Xesús Vázquez cos responsables do programa
15/09/14 (09:43)
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, reuniuse esta semana co director do departamento de Public Affairs & Corporate Citizenship de Samsung, Francisco Hortigüela, para pechar os detalles da implantación en Galicia da iniciativa ‘Samsung Smart School’, en concreto no CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio (Ourense). Ao propoñer este colexio para a implantación do programa o departamento educativo da Xunta de Galicia reitera o seu compromiso co rural, favorecendo a chegada aos seus centros educativos das novas tecnoloxías e do ensino plurilingüe.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal