Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
LG Kizon

LG Kizon, unha innovadora pulseira para ter sempre localizado ao neno

  • Esta pulseira foi ideada para que pais ou titores dispoñan dun gadget ponible co que coñecer en todo momento a posición exacta do neno
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 15/09/14 (10:03)

En IFA presentouse LG Kizon, un brazalete pensado para poder ter sempre localizados e comunicados aos nenos de entre 4 e 8 anos, e que a compañía traerá ao mercado antes de finais de 2014. LG Kizon funciona en combinación cunha aplicación dispoñible para todos os dispositivos Android.

Localización e comunicación na boneca

A pulseira Kizon de LG foi ideada para que pais ou titores dispoñan dun gadget poñible co que coñecer en todo momento e con axuda da seu smartphone a posición exacta do neno. Para iso conta con GPS integrado.

Pero Kizon tamén leva a súa propia tarxeta SIM que lle dá conectividade e engade a segunda funcionalidade importante deste wearable: poder chamar ao neno. Pero o sistema vai moito máis alá e no caso de que a chamada non sexa contestada polo pequeno ou pequena, incluíron unha boa idea: que o micrófono da pulseira quede aberto e así poder escoitar o que está a ocorrer na contorna.

En IFA puidémola probar e a aplicación permítenos chamar, localizar ou coñecer o percorrido feito pola pulseira (e en teoría o menor). No caso da pulseira, só inclúe un botón para que o neno poida realizar unha chamada directa en caso necesario ao pai, nai ou titor.

Antes de que chegue ao mercado, LG está a negociar coas operadoras porque para a súa comercialización van necesitar ese apoio e que se determine se será pago único ou con mensualidade.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal