Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Liftware Spoon

Google queda con Lift Labs e as súas culleres estabilizadas

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 12/09/14 (08:22)

Témonos que remontar ao verán do ano pasado para coñecer por primeira vez a Liftware Spoon, unha culler con moita tecnoloxía no seu interior, e a misión de poñer as cousas máis fáciles a persoas con problemas no seu pulso.

Os mozos de Lift Labs estaban a desenvolver un sistema que puidese compensar en tempo real os tremores e vibracións que unha persoa con Parkinson podería sufrir á hora para comer. Á xente de Google gustoulle a idea, e un ano máis tarde sabemos que forma parte do seu departamento de proxectos máis especiais.

Lift Labs empeza a funcionar dentro do Google X, responsable de moitas das virguerías que nos estiveron mostrando nos últimos anos. Entre elas xa atopabamos algúns proxectos que se preocupan pola saúde dos usuarios, como unhas lentes de contacto coas que medir o índice de glicosa no sangue.

Dentro de Google X, formará parte do departamento enfocado a mellorar a vida e saúde das persoas, Google Life Sciences. A tecnoloxía detrás da culler é coñecida como Liftware, desenvolvida en San Francisco, e agora en mans de Google.

A culler non é máis que o comezo, hai moito terreo por percorrer coa tecnoloxía, en principio, moitas aplicacións similares, como aplicar maquillaxe ou abrir unha porta con chave. Co diñeiro de Google detrás, o desenvolvemento debería máis rápido, e as barreiras deberían ser máis pequenas.

Tema: Xeral
Fonte: Xataka
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal