Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
O presidente da Deputación de Lugo na presentación dos cursos e obradoiros

A Deputación de Lugo achega 20 novas accións de formación TIC para maiores

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 12/09/14 (11:51)

A Deputación de Lugo anunciou este xoves a posta en marcha dunha convocatoria de cursos e obradoiros de balde sobre novas tecnoloxías para persoas de idade. Así o fixo saber o presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, quen dixo que se trata dun total de 20 novas actividades formativas, incluíndo 13 cursos e sete obradoiros, e lanzados co obxectivo de ofrecer 232 horas de ensino e divulgación para arredor de 430 persoas. O presidente tamén fixo fincapé en que se trata da terceira convocatoria destas características, integrándose nun programa de accións que até o de agora xa chegou a medio milleiro de veciños, botándolles unha man á hora de ampliar a súa marxe de comunicación e interacción coa súa contorna e co mundo, cos seus amigos e tamén cos seus familiares.

Gómez Besteiro fixo este anuncio no acto de entrega de diplomas aos participantes na anterior convocatoria, celebrado nas instalacións do InLugo, na que tomaron parte máis de medio cento de alumnos, e que serviu para intercambiar impresións sobre a posta en práctica no seu día a día do aprendido en novas tecnoloxías. O presidente salientou no acto que a maioría dos alum

Esta programación, cofinanciada ao 80% por fondos europeos, está organizada pola Fundación TIC no Centro de Innovación Social InLugo, e cumpre co obxectivo de “promover o uso as novas tecnoloxías entre lucenses de todas as idades, os maiores da provincia neste caso en particular, os cales teñen manifestado ata o de agora un enorme interese esta formación que lles permite aprender, por exemplo, a empregar as redes sociais, buscar información en Internet e comunicarse con familiares e amigos con facilidade e rapidez”, informou o titular do organismo lucense.

Os 13 cursos dispoñíbeis son os que citamos de seguido:

 

  • · Atréveste con Internet? Axudámosche
  • · Manéxate coas novas tecnoloxías. Coñece o teu ordenador
  • · Manéxate coas novas tecnoloxías. Coñece a túa tablet
  • · O carteiro en Internet. Que é o correo electrónico?
  • · Organízate co teu móbil
  • · Avanza e coñece o que podes facer co teu smartphone
  • · Descobre aínda máis o teu smartphone
  • · Arquiva e retoca as tuas fotografías co ordenador/tablet
  • · Que son as redes sociais? Descobre Facebook
  • · Que queres ver e aprender en Internet? En Youtube atoparalo
  • · Aproveitando e descubrindo ideas coas imaxes das redes sociais
  • · Copia e xestiona os teus arquivos
  • ·Escribe no ordenador empregando un editor de texto

E por outra banda, os 7 obradoiros son os seguintes:

 

  • · Obradoiro: Ximnasia mental coa tablet
  • · Obradoiro: Mantemos en forma o cerebro coa Wii
  • · Obradoiro: Exercicio mental co ordenador
  • · Obradoiro: Movémonos e pensamos coa Xbox
  • · Obradoiro: Xogamos co corpo
  • · Obradoiro de televisión
  • ·Obradoiro de radio

Respecto aos dous últimos obradoiros, o de televisión e o radio, dicir que constitúen unha das grandes novidades desta nova achega formativa. Tamén son unha innovación as titorías personalizadas coas que os participantes poderán resolver todas as súas dúbidas e aproveitar ó máximo a experiencia. O prazo de solicitudes para a nova convocatoria, que ofrece 429 prazas e máis de 230 horas de formación, ábrese este venres. A inscrición e máis información sobre datas e horarios está en deputacionlugo.gal ou a través do teléfono 982 225 186. A matrícula é de balde.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal