Por segundo ano consecutivo, o colectivo de usuarios de software libre da Terra de Melide, MeLiSA, imparte obradoiros tecnolóxicos con ferramentas libres nos centros penitenciarios de Galicia. O obxectivo desta actividade é poder achegar á poboación reclusa da nosa comunidade talleres prácticos nos que coñecer os conceptos básicos relacionados co software libre, e traballar con ferramentas libres, como LibreOffice, Gimp, VLC, ou Inkscape.
iHealth é un dock para os smartphones de Xiaomi que permite medir certas constantes vitais como a presión sanguínea (incluídas a presión arterial sistólica e diastólica) e o ritmo cardíaco, coa axuda dun brazalete.
Relay é un centro de control para dispositivos conectados que conta cunha pantalla táctil onde só hai unha aplicación en funcionamento, Wink. Fai pois o mesmo que a que podemos instalar no noso smartphone, pero agora adopta a forma de control domótico para xestionar dende un só lugar aos máis de 100 produtos conectados de ata 15 marcas que ten asociadas.