Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Férula de descarga
29/09/14 (09:29)
Mediante un novo software deseñouse un material plástico que permite quitar os aparellos dentais para hixieniza-la boca e inxerir alimentos pesados. A súa estrutura, ao ser de acetato, é máis versátil, precisa e de fácil colocación que a dos "brackets" tradicionais. Son, ademais, máis fáciles de hixienizar.
Codix
29/09/14 (09:15)
O día 25 de setembro publicábase no DOG a primeira convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática da Xunta (CODIX). O éxito de acollida desta primeira convocatoria foi tal, que en 8 horas cubrironse as 360 prazas convocadas pola Amtega para a obtención do CODIX.
NutreTIC
29/09/14 (08:08)
A educación nutricional a través das novas tecnoloxías encamiñada ás persoas maiores é o eixo sobre o que trata unha iniciativa posta en marcha pola Deputación de Lugo. O proxecto, organizado pola Fundación TIC e financiado integramente polo organismo provincial con preto de 20.000 euros, está composto por 40 obradoiros, dos que 5 se levarán a cabo en diferentes puntos da provincia, e 3 xornadas de sensibilización sobre a alimentación, que terán lugar no Centro de Innovación Social Inlugo.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal