A Rede Galega de Loita contra a Pobreza – EAPN Galicia xunto ao CERMI Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD organiza para os días 9 e 10 de outubro a cuarta edición do Foro de Capacitación sobre Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado. A cita, baixo o lema “¿Democracia con Transparencia ou Desigualdade e Corrupción?” levarase a cabo na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, e quere contribuír a analizar e dar visibilidade ás situacións de desigualdade que se viven hoxe na nosa comunidade.
O vindeiro xoves, día 2 de outubro, a partir das 12:00 horas, celebrarase, no Pazo de Mariñán, a xornada "Crowdfunding ou a arte de innovar cooperando", organizada pola Factoría de Innovación da Coruña co obxectivo de dar a coñecer o sistema que está a permitir a emprendedores e pemes acceder a recursos económicos a través de Internet.
Un ano máis especialistas en dor déronse cita en Salamanca na XIV Reunión Multidisciplinar de Expertos, organizada pola Cátedra Extraordinaria da Dor "Fundación Grünenthal" Universidade de Salamanca e que este ano tivo como tema principal "Retos na mediciña da dor" desde o enfoque da planificación e organización, a formación e as diferentes visións das diferentes especialidades médicas. O uso das novas tecnoloxías na abordaxe desta enfermidade foi un dos temas máis novos abordados durante esta reunión.