É un feito constatado que o Centro de Innovación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Coruña está xa consolidado como un dos principais axentes de transferencia tecnolóxica e de coñecemento. Trátase, máis en detalle, dun ente no que conflúen universidade e empresa e que fomenta a aplicación da Investigación e o Desenvolvemento (I+D) ás novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e ao desenvolvemento do software.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a primeira convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, que oferta 360 prazas. Par acadar a certificación, que emite a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), é preciso superar un exame, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación a través das aulas CeMIT.
Moitas aplicacións de teléfono intelixente utilizan os sensores do dispositivo para tratar de medir o benestar físico das persoas, por exemplo contando cada paso que dan. Unha nova aplicación desenvolvida por investigadores da Universidade de Dartmouth (EEUU) suxiere que os sensores do teléfono tamén se poderían utilizar para analiza-la mente dunha persoa e medi-la súa saúde mental.