O vindeiro día 26 de setembro celébrase a xornada Freeday4Girls, un evento orientado a visualizar e promover o rol da muller no eido do software libre en Galicia, e que desenvolverase no Centro de Novas Tecnoloxías (CNTG) en Santiago de Compostela.
Como saber se as aplicacións que descargan os nenos son apropiadas ou non para a súa idade? Tanto en App Store coma en Google Play, as aplicacións están catalogadas pero os criterios, a forma de facelo e a mesma clasificación é diferente. Por iso é interesante coñecer como se organizan e que se pode facer para evitar descargas con contidos inadecuados.
CENTAC presenta o volume 5 da súa Colección Accesibilidade, Tecnoloxía e Sociedade. A "Guía para elaborar documentación dixital accesible: recomendacións para Word, Power Point e Excel de Microsoft Office 2010" está xa dispoñible para a súa descarga gratuíta.