Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Centac Volume 5 da súa Colección Accesibilidade, Tecnoloxía e Sociedade

CENTAC presenta a "Guía para elaborar documentación dixital accesible: recomendacións para Word, Power Point e Excel de Microsoft Office 2010"

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 23/09/14 (11:30)

CENTAC presenta o volume 5 da súa Colección Accesibilidade, Tecnoloxía e Sociedade. A "Guía para elaborar documentación dixital accesible: recomendacións para Word, Power Point e Excel de Microsoft Office 2010" está xa dispoñible para a súa descarga gratuíta.

Esta guía ten como obxectivo mellorar o coñecemento que se ten das ferramentas de Office, e de como poden contribuír a reducir a fenda dixital, facilitando o acceso das persoas con discapacidade á documentación dixital. Libros dixitais, publicidade, cartas, receitas ou facturas, son algúns exemplos de documentación dixital que pode facerse accesible.

Na chamada era da información e do coñecemento produciuse pouco a pouco un fenómeno que hoxe aceptamos como algo cotián: as persoas creamos cada vez máis contido no noso traballo diario.

Este libro ofrece recomendacións xerais que poden ser aplicadas por todos, de xeito sinxelo, favorecendo que persoas con diferentes capacidades poidan ter acceso á información. Son pequenos xestos que están na man de todos nós.

A accesibilidade desa enorme cantidade de contido producido, tan esencial para a integración no mundo laboral, é unha gran materia aínda pendente. As ferramentas que compoñen Office evolucionaron e permiten xa a creación de contido accesible, pero os seus miles de usuarios ignórano.

Dende CENTAC invítase á divulgación e distribución deste informe a todas as persoas que poidan estar interesadas. 

Tema: Xeral
Fonte: Centac
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal