Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Depresión

Esta 'app' pode saber se estás deprimido

  • Os datos de movemento, son e localización que recopila o teu 'smartphone' poden predecir un cambio na saúde mental
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 25/09/14 (09:53)

Moitas aplicacións de teléfono intelixente utilizan os sensores do dispositivo para tratar de medir o benestar físico das persoas, por exemplo contando cada paso que dan. Unha nova aplicación desenvolvida por investigadores da Universidade de Dartmouth (EEUU) suxiere que os sensores do teléfono tamén se poderían utilizar para analiza-la mente dunha persoa e medi-la súa saúde mental.

Un total de 48 estudantes permitiron que a aplicación recopilase información dende os seus teléfonos durante un período de 10 semanas, e os patróns nos datos coincidiron cos cambios no estrés, na depresión y a soidade observados nos tipos de cuestionarios que utilizan os médicos para evalua-lo estado de ánimo e a saúde mental dos seus pacientes. As tendencias nos datos do teléfono también se correlacionaron coas calificacións dos estudantes.

Os resultados suxiren que as aplicacións de teléfonos intelixentes poderían ofrecer aos usuarios e aos médicos novas formas de xestiona-lo benestar mental, afirma o profesor de Dartmouth que dirixiu a investigación, Andrew Campbell.

Estudios previos demostraron que os dispositivos móbiles personalizados poden medir indirectamente os estados mentais. O estudio de Dartmouth, sen embargo, utiliza teléfonos intelixentes Android coma os que posúen millóns de persoas, asegura Campbell. "Somos os primeiros en usar teléfonos e sensores estándar que simplemente levas contigo sen ningún tipo de interacción co usuario", afirma. Aa semana pasada foi presentado un documento sobre a investigación na Conferencia Conxunta Internacional ACM sobre Computación Xeneralizada e Ubicua de Seattle (EEUU).

A aplicación de Campbell, chamada StudentLife, recopila datos coma o movemento e a ubicación dun teléfono, así como a hora das chamadas e as mensaxes de texto, e de vez en cuando activa o micrófono no dispositivo para executar un software co que saber se está ocurrindo unha conversa nas inmediacións. Uns algoritmos procesan a información en rexistros de actividade física da persoa, patróns de comunicación, patróns de sono, visitas a distintos lugares e unha estimación do tempo en que estivo involucrada nunha conversación cara a cara. Moitos dos cambios nos patróns correlacionaronse significativamente con cambios nas medicións da depresión, a soidade e o estrés. Por exemplo, unha disminución da exposición a conversacións cara a cara indicaba depresión.

Os cuestionarios usados no estudio para medi-la saúde mental son os que soen utilizar habitualmente os médicos para evaluar aos pacientes que buscan axuda para os seus problemas de saúde mental. Para Campbell, no futuro os datos procedentes do teléfono dunha persoa poderían proporcionar unha imaxe mais detallada coa que aumentar o cuestionario que se leva a cabo cando unha persoa busca axuda. Campbell tamén está planeando novas investigacións sobre como utiliza-los datos da aplicación para alertar ás persoas ou ós seus coidadores cando os patróns de comportamento indiquen que a súa saúde mental poida estar cambiando. No caso dos estudantes, este enfoque podería proporcionar unha forma de reduci-las taxas de abandono escolar ou axudarlles a mellorar o seu rendemento académico, señala Campbell.

"A intervención é o seguinte paso", afirma. "Podería consistir en algo tan simple como decirlle a unha persoa que debe participar en conversas para mellorar o seu estado de ánimo o que, estadísticamente, se saes de festa so tres noites á semana as túas notas melloran". Campbell tamén está traballando nun estudio para probar se unha aplicación similar podería axudar a predeci-las recaídas en persoas con esquizofrenia.

Unha start-up chamada Ginger.io con unha aplicación similar á de Campbell xa está probando ideas similares con algúns proveedores de atención sanitaria. Nun ensaio con diabéticos, os cambios no comportamento dunha persoa desencadearon unha alerta para as enfermeiras, que contactaron ó paciente para asegurarse de que estaba tomando a medicación.

O director xeral e cofundador de Ginger.io, Anmol Madan, afirma que o estudo de Dartmouth é unha proba mais de que estas ideas son valiosas. Sen embargo, sinala que se necesitan estudos moito mais grandes para convencer realmente ós médicos e proveedores de atención sanitaria de que adopten un novo enfoque. Ginger.io encontrou asociacións similares entre os seus propios datos e escalas clínicas da depresión, asegura Madan, aínda que os resultados non foron publicados.

Tanto Ginger.io coma o traballo de Dartmouth están inspirados nunha investigación do Media Lab do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT, EEUU) que estableceu a idea de que os datos dos dispositivos persoais ofrecen unha nova forma de estudia-lo comportamento humano. O investigador que axudou a desenvolver este enfoque, Yaniv Altshuler, afirma que o estudo de Dartmouth é unha aportación interesante ó traballo do MIT, aínda que tamén nos lembra que toda esta cantidade de información móbil tenrá os seus inconvintes. Poder utiliza-los dispositivos móbiles para coñecer información altamente persoal sobre os usuarios podería plantexar novos riscos de privacidade.

Campbell, cuxo estudo foi autorizado por un comité de revisión ético, asegura que os seus resultados mostran como a minería de datos pode saltarse por alto as reglas de privacidade existentes. Un proveedor de atención sanitaria que recopile datos a través de cuestionarios de saúde mental estándar ten que segui-las regulacións de privacidade de datos que establece la HIPAA (siglas en inglés da Lei de Responsabilidade e Portabilidade dos Seguros Sanitarios) de EEUU. Non está tan claro que normas aplicar cando esos mismos datos se obtiñen dunha aplicación de teléfono. "Se podes usar certos sinais para, por exemplo, deducir que son maníaco depresivo, non está claro cal é a regulación que rixe a esos datos", afirma.

Sexa cal sexa a resposta, probablemente as aplicaciónes para rexistra-lo tipo de datos que Campbell recopilou faranse mais comúns. Oos sensores dos teléfonos intelixentes son agora moito mais eficientes no tocante ó uso da enerxía, así que hoxe en día é posible rexistrar datos de forma detallada e constante sen agota-la vida da batería. "Fai aproximadamente seis meses os móbiles chegaron ó punto no que podemos levar a cabo labores de detección as 24 horas, os sete días da semana", sinala Campbell. "Xa contamos con toda a tecnoloxía necesaria para facer cousas así".
 

Tema: Xeral
Fonte: MIT TechnologyReview
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal