Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Relay

Relay xestiona ata 100 dispositivos conectados na casa dende un só lugar

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 25/09/14 (09:02)

Busca unha zona da túa casa dende a que quererías controlar diferentes dispositivos conectados á túa rede Wifi. Hai un interruptor de luz preto? Pois aí poderás colocar un Relay, primeiro produto serio da división de fogar conectado de Quirky.

Tras o seu acordo co xigante GE, Quirky lanza por medio do seu brazo Wink un centro de control para dispositivos conectados que conta cunha pantalla táctil onde só hai unha aplicación en funcionamento, Wink. Fai pois o mesmo que a que podemos instalar no noso smartphone, pero agora adopta a forma de control domótico para xestionar dende un só lugar aos máis de 100 produtos conectados de ata 15 marcas que ten asociadas.

Relay leva unha pantalla de 4.3 polgadas, multitáctil e con conectividade Wi-Fi, Bluetooth e ZigBee. Ademais encontramos no seu deseño sensores de humidade, temperatura e proximidade. Con este último, a pantalla activarase ao achegarse un usuario, o cal poderá dende programar o arranque dunhas lámpadas, activar o aire acondicionado ou deixar unha mensaxe de voz a outro inquilino da casa.

Este equipo, cun prezo de 300 dólares e que seguramente teña que instalarche un profesional, chegará ao mercado a finais deste ano e será un dos que loite por conseguir o mando dos dispositivos conectados que van pouco a pouco entrando na casa. 

Tema: Xeral
Fonte: Xataka
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal