Hai uns días Xiaomi investiu 25 millóns de dólares nunha empresa chamada Andon Health que á súa vez crearía unha nova entidade, chamada sorprendentemente iHealth. Esta empresa -con base nas Illas Caimán, considerado coma un paraíso fiscal- permitiulle a Xiaomi lanzar hoxe un dock para os seus smartphones que permite convertelos en dispositivos de medición de certas constantes vitais.
Este dock ten un prezo de 199 iuans (apenas 33 dólares) e está acompañado por unha aplicación que se encarga de xestionar e mostrar os resultados da monitorización. Grazas a iHealth poderemos medir a presión sanguínea (incluídas a presión arterial sistólica e diastólica) e o ritmo cardíaco.
O accesorio tamén inclúe un brazalete que é o que permite realizar este tipo de medicións, e segundo Xiaomi a aplicación é o suficientemente sinxela para poder ser utilizada por persoas maiores, que logo poderán compartir eses resultados con amigos, familiares e, por suposto, doutores.
Como noutros produtos fabricados por esta compañía, este dispositivo parece que estará relegado ao territorio chinés. Inevitable falar de HealthKit (agora que Apple deixa de usar o prefixo "i" parece que Xiaomi quixo aproveitar a oportunidade) como a última das ideas "adaptadas" por parte de Xiaomi para tratar de lograr maior popularidade e cota en diversos mercados en China.
Rexístrate como: