Arki podería considerarse o wearable que coida as túas costas mentres estás a camiñar e a característica sería suficiente para diferenciarse doutras pulseiras intelixentes. Como era de esperar nun terreo como o da tecnoloxía, no cal cada vez que sae un produto tenta integrar algún aspecto mellor que os da competencia, Zikto, o equipo surcoreano que está detrás do produto, quixo innovar a través dun dispositivo poñible que fai máis que contar pasos.
A empresa galega Primux Tech vén de anunciar o lanzamento dunha aplicación móbil desenvolvida integramente por ela mesma e que ten a capacidade de crear unha interface nos smartphones que os converte, de xeito automático, en accesíbeis para as persoas de idade.
O Hospital Universitario Río Hortega de Valladolid realizou con éxito o pasado 22 de outubro unha operación planificada con impresión 3D, a primeira levada a cabo en Castela e León. Trátase dunha técnica nova con escasos precedentes na sanidade pública española que permite abordar con antelación o escenario da intervención, xa que o cirurxián conta cunha réplica exacta da peza sobre a que vai traballar, o que posibilita unha simulación real e conséguese unha cirurxía máis precisa e segura.