Esta "xoia" é capaz de rexistra-lo teu estado de ánimo, observa-los teus niveis de tensión e avisar de diferentes picos que se poidan producir ao longo do día.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar con licenza libre e en formatos abertos os materiais formativos que compoñen o programa de autoformación para obter a Certificación galega de Competencias Dixitais en Ofimática, CODIX, na súa modalidade de Software Libre, é dicir, baseándose no uso do sistema operativo GNU/Linux e a suite ofimática LibreOffice.
Estes días soubemos da posta en marcha dun novo servizo galego encamiñado a botarlles unha man aos internautas que estean á procura dun posto de traballo. Trátase da aplicación Appladin e segundo nos conta Alberto Rodríguez, un dos seus responsables directos, exemplifica á perfección un xeito de facer innovación empresarial (cos conseguintes e lóxicos beneficios) ao tempo que se fornece un recurso de claro interese social.