O espazo de coworking sito na Avda. Novo Mesoiro da Coruña, WeKco, dentro dos seus CoworkingDays vai acoller o vindeiro xoves, 29 de xaneiro, de 20:00 a 21:15 horas, un relatorio de balde de Manolo Rodríguez, xornalista de La Opinión A Coruña e autor do blog Desenredandolared.
Este luns arranca no salón de actos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Campus de Pontevedra) un dos máis salientábles eventos TIC da tempada. Trátase do Social Media Day, a primeira edición do Dia Mundial do Community Manager, un encontro que será inaugurado ás 10.00 horas pola decana da Facultade, Enma Torres, e que contará cos relatorios dos xestores de comunidades virtuais Iago Varela, Cristina Fernández, Verónica Ramallal e Óscar Reboiras.
O Programa de Voluntariado Dixital da Xunta e a Biblioteca Nodal de A Coruña colaboran na celebración de novas actividades do Ciclo “Falamos de... a informática fácil” na aula CeMIT situada nas súas instalacións.