Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Aula Tecnolóxica da Universidade de Vigo
27/01/15 (08:58)
A Aula Tecnolóxica da Casa das Campás (Campus de Pontevedra) deu a coñecer a súa oferta formativa para este segundo cuadrimestre do curso, unha oferta que salienta por un importante contido de redes sociais, accesibilidade e creatividade TIC. A intención dos responsables da Aula era “ir cara a ámbitos tecnolóxicos máis específicos”, incluíndo por vez primeira na súa andaina obradoiros para crearmos páxina web adaptables a múltiples tipos de pantalla ou para introducirnos na animación asistida por computador.
O conselleiro Xesús Vázquez, a directora AMTEGA Mar Pereira e Jesús Lage de Ever
27/01/15 (07:46)
Coñecer as causas da baixo porcentaxe de matriculados en estudos tecnolóxicos en Galicia e poder abordar medidas que axuden difundir as saídas laborais destas carreiras son os obxectivos do convenio asinado esta mañá entre o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o responsable de Everis en Galicia, Jesús Lage.
Pc's para usar nos obradoiros
26/01/15 (12:00)
A terceira edición dos Obradoiros Tecnolóxicos en Centros Penitenciarios de Galicia arrancan cun obradoiro de montaxe, reparación e configuración de ordenadores con software libre no Centro de Teixeiro. Este obradoiro terá continuidade até o mes de outubro, “para poder chegar aos sete centros penitenciarios galegos”, sinala MeLiSA.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal