Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo do evento

Un relatorio na Coruña analizará as chaves para ter un blog de éxito

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 26/01/15 (10:57)

O espazo de coworking sito na Avda. Novo Mesoiro da Coruña, WeKco, dentro dos seus CoworkingDays vai acoller o vindeiro xoves, 29 de xaneiro, de 20:00 a 21:15 horas, un relatorio de balde de Manolo Rodríguez, xornalista de La Opinión A Coruña e autor do blog Desenredandolared (con popularidade dabondo para figurar entre as 100 páxinas web galegas máis populares segundo Alexa), quen detallará as Claves para ter un grande blog.

Os interesados en iniciar un blog persoal ou corporativo, poden acudir para aprender por onde comezar, coñecer algúns trucos para que os contidos consigan popularidade e manteñan o interese co tempo, facilitarlle a elección da plataforma na que publicar un caderno de Internet ou incluso ver algunhas fontes a través das que podemos conseguir imaxes de balde para publicar na web.
Esta actividade vai dirixida a calquera que estea interesado no mundo dos blogs, que de querer profundar neste ámbito deberá inscribirse anticipadamente, dado que o evento ten limitada a asistencia a só 20 prazas.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal