Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Social Media Day

Inaugúrase en Pontevedra o Social Media Day

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 26/01/15 (10:49)

Este luns arranca no salón de actos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Campus de Pontevedra) un dos máis salientables eventos TIC da tempada. Trátase do Social Media Day, a primeira edición do Dia Mundial do Community Manager, un encontro que será inaugurado ás 10.00 horas pola decana da Facultade, Enma Torres, e que contará cos relatorios dos xestores de comunidades virtuais Iago Varela, Cristina Fernández, Verónica Ramallal e Óscar Reboiras.

A cita ten o obxectivo de amosar ao alumnado que a de responsable de comunidades en liña é sen dúbida unha adicación laboral con futuro. Achegar luz sobre esta profesión que consiste en rendibilizar e optimizar o uso dos servizos 2.0 é polo tanto a gran finalidade da xornada.

Segundo fixo saber os días pasados o profesor de Ciencias Sociais e da Comunicación Xabier Rolán, impulsor do evento, os catro profesionais convocados afondarán no mundo das redes sociais desde diferentes perspectivas, nuns relatorios abertos a todas as persoas interesadas, que se verán sucedidos por un coloquio “que trataremos de facer interactivo dalgunha maneira”, abríndoo non só ás preguntas que realicen os presentes no salón de actos, senón tamén ás de aquelas persoas que sigan o evento a través das redes sociais.

Coa idea de afondar nos diferentes ámbitos de traballo destes profesionais, o papel das redes sociais na difusión de medios como os blogs centrarán o relatorio Iago Varela, coordinador do blog Mallando no Android, mentres que os vínculos entre estes novos medios e o deseño serán o eixo da intervención da deseñadora gráfica Cristina Fernández. Por outra banda, o xestor de comunidades virtuais Óscar Reboiras abordará as claves da atención ao cliente en redes sociais, mentres que Verónica Ramallal abordará nesta xornada as ideas de “marca persoal e identidade dixital”, xa que, como explica Rolán, “aínda que ter unha conta en Facebook non te converte nun xestor de redes sociais, todos temos que ser en primeiro community managers de nós mesmos”.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal