Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Biblioteca Nodal de A Coruña Miguel González Garcés

O programa de voluntariado dixital da Xunta e a Biblioteca Nodal da Coruña comezan o ano con novas actividades do ciclo “Falamos de... a informática fácil”

  • A biblioteca acollerá entre xaneiro e febreiro diferentes xornadas sobre o certificado de experiencia profesional e a reputación dixital, respectivamente
  • O Ciclo busca introducir ás persoas maiores nas novas tecnoloxías dunha maneira práctica
  • Un total 10 Voluntarios do Programa colaboraron en 17 das actividades desde esta iniciativa
  • As actividades formativas son de balde, previa inscrición na web da biblioteca
     
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 26/01/15 (07:45)

O Programa de Voluntariado Dixital da Xunta e a Biblioteca Nodal de A Coruña colaboran na celebración de novas actividades do Ciclo “Falamos de... a informática fácil” na aula CeMIT situada nas súas instalacións.

Xa está aberto o prazo de inscrición para dúas novas actividades que serán impartidas por voluntarios dixitais. A primeira delas, sobre o “Certificado de Experiencia Profesional” , comezará o vindeiro 28 de xaneiro e busca favorecer a empregabilidade dos asistentes, proporcionándolles información acerca do recoñecemento da experiencia profesional e o procedemento de acceso a unha acreditación oficial.

O ciclo “A intimidade na Internet: Presente e futuro da Reputación Dixital”, que comezará en febreiro, desenvolverase a través de dúas charlas e un obradoiro e afondará no ámbito das redes sociais e a reputación dixital

As persoas interesadas so precisan cubrir o formulario de solicitude que poden a topar en http://rbgalicia.xunta.es/coruna/index.php?subApartado=141 e as prazas asignaranse por rigorosa orde de petición.

Este ciclo formativo iniciou a súa andadura no mes de febreiro do pasado ano, co obxectivo de introducir ás persoas maiores nas novas tecnoloxías a través de actividades formativas de moi curta duración e cun carácter eminentemente práctico. Dende o seu comezo, levan desenvolvido xa 22 actuacións, todas elas gratuítas, das que 17 contaron coa participación de voluntarios e voluntarias dixitais. Así, os participantes puideron achegarse a temáticas como as redes sociais, o correo electrónico, o uso seguro de internet ou o retoque fotográfico entre outras.

Programa de Voluntariado Dixital
O Programa de Voluntariado Dixital é unha iniciativa, posta en marcha en febreiro de 2011 pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, que conta xa con máis de 400 persoas voluntarias. Ten como obxectivo achegar as novas tecnoloxías a unha maior porcentaxe da poboación, favorecendo a inclusión dixital de toda a cidadanía, especialmente entre os colectivos de persoas maiores e de persoas con discapacidade.

A iniciativa suma a solidariedade individual, a responsabilidade social das empresas do ámbito tecnolóxico, a colaboración das asociacións sen ánimo de lucro e o aproveitamento das infraestruturas públicas. Neste momento, son 70 Entidades de Acción Voluntaria as que colaboran co Programa de Voluntariado Dixital para promover accións de alfabetización dixital que faciliten a e-inclusión da nosa sociedade e disminúan a fenda dixital.

Biblioteca comprometida coas TIC
A Biblioteca Pública Miguel González Garcés comezou a súa participación no Programa de Voluntariado Dixital como Entidade de Acción Voluntaria hai 1 ano e leva desenvolvidas 17 actividades ao abeiro desta colaboración.

Ademais de ofrecer cursos de alfabetización dixital de programación propia, colabora coa Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, que ofrece formación en tecnoloxía a toda a sociedade.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal