Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Logo amovil e Orange
18/03/15 (10:58)
Como parte do seu compromiso coa integración social das persoas con discapacidade, a teleoperadora Orange actualizou o seu catálogo de móbiles accesibles, Atopa o teu móbil, para facilitar que os usuarios identifiquen os móbiles que mellor se axusten ás súas necesidades. A información achegada procede das avaliacións realizadas polos expertos de Amóvil.
Teclado táctil para nenos con problemas motrices
18/03/15 (09:31)
Investigadores desenvolveron un teclado que facilita a escritura das persoas que posúen problemas de motricidade fina. A iniciativa está dirixida a mozos en idade escolar que non poden escribir en letra manuscrita. 'Os cambios ao teclado orixinal permitiron que a miña filla vaia á escola con ganas de aprender', contou o pai dunha nena que xa emprega o desenvolvemento. Tamén podería servir para adultos maiores.
Presentación de Lifeseeker
18/03/15 (08:24)
David Vázquez Cortizo, director xeral de Gradiant, Héctor Estévez, socio e director xeral de Centum R&T, e Manuel Varela, director xeral de la Axencia Galega de Innovación (Consellería de Economía e Industria, Xunta de Galicia), presentaron ao público hoxe LifeSeeker, un sistema electrónico deseñado baixo estándares aeronáuticos que converte os teléfonos baixo a súa área de actuación en radiobalizas, permitindo así detectalos, identificalos, localizalos e mesmo se comunicar con eles, durante unha conferencia de prensa celebrada en Vigo, na sede de Gradiant e Centum R&T.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal