Blippar é un software de realidade aumentada creado en 2011 para que as marcas puidesen anunciarse neste tipo de contornas. Agora a empresa quere dar o salto á masa e preparou un motor de procura visual para obxectos físicos.
Cando saímos da cidade ou do país hai unha cuestión fundamental que sempre, ou case sempre, non planificamos: que faremos ou a quen acudiremos en caso de necesitar asistencia médica. No caso de que a nosa saúde se resinta cando esteamos de viaxe, a 'app' gratuíta Doctoralia, dispoñible para Android e iOS, ofrécenos a posibilidade de atopar ao doutor máis próximo simplemente descargándoa no noso smartphone.
Coma se da película de 'Terminator 2' e do seu androide do futuro T-1000 se tratase, un equipo de científicos da firma Carbon3D de Silicon Valley (EE.UU.) conseguiu, mediante un novo sistema, acelerar a impresión en 3D grazas a introdución dun medio líquido no proceso. O traballo foi publicado na revista Science.